Wednesday 24 de April de 2024

Miño inicia unha campaña de doazóns para colaborar coas persoas afectadas polo volcán da Palma


O Concello de Miño inicia unha campaña de doazóns para colaborar coas persoas afectadas pola erupción do volcán de Cume Vello, na illa da Palma.

Durante este venres e a fin de semana, o 1, 2 e 3 de outubro, dispoñeranse carros para a recollida de produtos e aveños de hixiene persoal nos supermercados do centro urbano: Covirán na zona da praia, Eroski na rúa Pumariega, Supermercado Día e Gadis na rúa Carreira.

Neste caso admítense doazóns de produtos de hixiene como cueiros, toalliñas húmidas, compresas, tampones, xel, champú, desodorizante, cepillos de dentes e outros outros elementos de primeira necesidade.

Á súa vez, o vindeiro luns 4 de outubro pola mañá poderanse entregar toallas e roupa de cama no roupeiro municipal de Rabazal, á beira da policía local